CELSO M. BARBOSA RODRÍGUEZ
Celso Manuel Barbosa Rodríguez é o presidente número quince da Cámara de Comercio e Industria de Ourense. Entrou a formar parte do pleno no mandato 1998-2002, sendo membro do Comité Executivo como vocal durante os dous últimos anos do mandato. Regresou ao pleno en 2006, onde foi vocal ata finalizar este periodo.
Na actualidade e como presidente da Cámara de Comercio ocupa en razón deste cargo a Vicepresidencia Executiva do Padroado da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense.
Foi membro do Comité Executivo da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) no periodo 2005-2009.
Totalmente vinculado ao mundo da empresa familiar, o seu labor profesional desenvólvese na empresa Barbosa e Hijos, industria de cepillos e especialista no sector da bricolaxe e ferraxaría, fundada en 1936 polo seu bisavó.
Nado en Ourense (3/12/1967), Celso Barbosa é licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Casado e con dous fillos, defínese como un home de familia, no só na vertente privada á que dá suma importancia, senón tamén como parte dunha saga empresarial na que todos están integrados. |  |