|
|
|
» Programa InnoCámaras |
O programa InnoCámaras, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), ten como principal obxectivo contribuír á mellora da competitividade das pemes fomentando a integración da cultura de innovación nas súas estratexias empresariais, como ferramenta competitiva crave para lograr un crecemento económico sostido.
Os obxectivos específicos do programa InnoCámaras son:
- Desenvolver unha metodoloxía que ofreza ao empresario unha serie de fórmulas para adoptar unha actitude sensible e favorable á innovación.
- Apoiar as pequenas e medianas empresas no desenvolvemento de solucións para aplicar a cultura de innovación.
- Favorecer a creación de redes empresariais que fomenten a difusión do coñecemento e as mellores prácticas.
- Favorecer a transferencia de tecnoloxía e coñecemento dende organismos e institucións públicas e privadas ás pequenas e medianas empresas.
|
|
|
|
|
|
|