Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Inicio * Programa Antenas

Antenas de Verín   Antenas de O Barco
Imprimir» ¿Que é unha antena?

No marco do Programa Antenas (Servizos de Proximidade para a Pequena e Mediana Empresa), a  Cámara de Comercio e Industria de Ourense puxo en marcha a ANTENA LOCAL DE VERÍN e a ANTENA LOCAL DE O BARCO DE VALDEORRAS, programas nos que colaboran o Consello Superior de Cámaras, Fondo Social Europeo, Concello de Verín e Concello de O Barco.

¿Que é o Programa Antenas?
Consiste na creación dunha sólida rede de Antenas ou puntos locais para promover o acceso igualitario de todas as pemes á rede de servizos empresariais que prestan as Cámaras; superar as barreiras que impón a distancia na creación das pequenas empresas; e mellorar o grao de información existente sobre as necesidades e as opinións das pemes, constituíndo para elo os chamados Observatorios Económicos Locais.

¿Onde se encontran?

Para levar a cabo este proxecto, baseado na descentralización dos servizos, a Cámara de Comercio de Ourense conta coa colaboración dos principais protagonistas públicos do desenvolvemento local: os concellos. Así, as antenas de Verín e O Barco están situadas en oficinas cedidas por ambos os dous concellos.

¿Que servizos presta?
Os mesmos que se ofrecen na Cámara de Comercio de Ourense, entre outros:

 Asesoramento para crear unha empresa.

 Apoio a I+D+I

 Apoio a mulleres empresarias.

 Técnicas de xestión.

 Certificación dixital.

 Formación profesional.

 Axudas e subvencións.

 Información Europea.

 Medio Ambiente

 Facilidades para exportar.

 E todos aqueles que a Cámara poña en marcha. Consulte todos os nosos servizos na web.


O Programa Antenas foi designado polo Fondo Social Europeo como Exemplo de Boas Prácticas,  destacándoo como unha actuación de carácter pioneiro e de gran complexidade, ao poñer en marcha un amplo conxunto de servizos, personalizados á realidade de cada territorio, no que se involucran activamente multitude de axentes de carácter público e ao que se asocia a participación de actividades privadas e das propias empresas.


Antenas Locais
Programas y servicios
Instituto de Idiomas
Programa de Emprendimiento Juvenil 2016
Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088 Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.