A Cámara de Comercio de Ourense, xunto co Consello Superior de Cámaras, o cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e maila colaboración da Xunta de Galicia poñen en marcha o Plan de Desenvolvemento Tecnolóxico TIC Cámaras, no marco do programa operativo “Investigación, Desenvolvemento e Innovación por e para as Empresas–Fondo Tecnolóxico”.
O plan ten como obxectivo impulsar a incorporación das TIC á actividade habitual das pemes, como ferramentas competitivas claves na súa estratexia, así como maximizar as oportunidades que ofrecen para mellorar a súa productividade e competitividade.
Así, potenciará a adopción por parte das empresas de metodoloxías que permitan incorporar as TIC á súa actividade empresarial habitual. En definitiva, preténdese contribuír á mellora da competitividade das pemes, microempresas e autónomos mediante a adopción dunha cultura, uso e aproveitamento permanente das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) nas súas estratexias empresariais, para lograr un crecemento económico sostido.
O plan caracterízase pola súa orientación cara as necesidades específicas das empresas destinatarias, mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía mixta de diagnose, apoio no proceso de implantación de solucións e difusión do coñecemento.
Para ampliar información e presentación de solicitudes, consulte os seguintes documentos:
Convocatoria do Plan de Desenvolvemento Tecnolóxico TIC Cámaras
Solicitude de participación
Quere ser provedor rexistrado de TIC Cámaras?
Para converterse en provedor homologado compre presentar na Cámara o modelo de solicitude, xunto coa documentación que se indica no modelo:
Modelo de solicitude de Provedores Rexistrados
Modelo de declaración responsable
Descrición dos proxectos
Para contactar cos responsables do plan:
(988 233 116)
(988 368 148)
|