A Cámara de Comercio de Ourense inicia o proceso de adhesión de empresas en cumprimento do Real Decreto Lei 13/2010, co que a pertenza ás Cámaras deixou de ser obrigatoria e pasa a ser de carácter voluntario, previa e expresa inscrición.
Nesta nova etapa, a Cámara de Comercio de Ourense manterá todos os seus programas e servizos, en resposta ao compromiso adquirido coas pymes da provincia.
A adhesión voluntaria á Cámara de Comercio en 2013 ten unha Cota 0 e suporá para a súa empresa importantes aforros nos servizos que presta a Cámara, a posibilidade de acceder a programas subvencionados ou participar nos proxectos que se realicen en colaboración coas administracións públicas, incluída a Unión Europea.
Nesta páxina atopará vostede tres documentos:
Carta informativa do presidente da Cámara de Comercio de Ourense Formulario de adhesión voluntaria Catálogo de servizos e programas (pode consultar novos servizos na nosa web)
Ten vostede a posibilidade de utilizar tres vías para adherirse á súa Cámara:
Presentar a documentación requirida na sede principal da Cámara de Comercio, no Viveiro de Empresas ou nas Antenas Locais de Verín e O Barco de Valdeorras. Enviar o formulario cumprido e os documentos solicitados a través do correo electrónico á dirección camara@camaraourense.com Ou ben ao noso fax: 988 233 088
|