|
» Plan Foexga |

|
A Xunta de Galicia e as Cámaras de Comercio de Galicia colaboran dende o ano 1992 no Plan de Fomento das Exportacións Galegas -FOEXGA-, cuxo obxectivo principal é impulsar a internacionalización da economía e as exportacións de Galicia.
O plan, que entre outros fins básicos pretende a difusión da cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade, inclúe unha ampla variedade de actuacións como misións comerciais directas e inversas, visitas ou participación en feiras, exposicións de produtos galegos, encontros empresariais e estudos de mercado.
Consulte aquí todas as accións incluídas no Plan Foexga 2012
|
|
|
|