|
|
|
|
» Misión comercial inversa de importadores e distribuidores do sector funerario |
Importadores e distribuidores do sector funerario procedentes de México, Chile, Colombia e Perú participarán nunha misión comercial inversa liderada pola Cámara de Comercio de Ourense e que se desenvolverá entre os días 5 e 9 de novembro. Unha acción que a Cámara fai coincidir con Funergal, a Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios que durante esas datas se celebra en Expourense, apoiando deste modo unha actividade empresarial de forte arraigamento na provincia.
Cofinanciada con fondos FEDER e a Deputación provincial de Ourense, esta misión enmárcase no programa de accións complementarias do Consello Superior de Cámaras de Comercio.
Os importadores invitados nesta misión chegarán a Funergal cunha ampla axenda de entrevistas que levarán a cabo no centro de negocios da feira. A Cámara de Comercio de Ourense apoia así ao sector, nun momento no que se fai necesario volver a mirada cara aos mercados exteriores, como unha alternativa para a ampliación e diversificación do negocio.
Esta é a cuarta acción de internacionalización que organiza a Cámara de Comercio de Ourense para o sector funerario, despois das desenvolvidas en 2003 cunha viaxe empresarial a Coventry (Reino Unido), en 2005 coa visita a Ourense dunha delegación de importadores mexicanos e en 2012 cunha delegación empresarial procedente de Rusia, Alemaña e Reino Unido.
Promoción de sectores locais Se ben as Cámaras de Comercio de Galicia traballan para o conxunto das empresas da comunidade, moitas das accións de internacionalización que organiza a corporación ourensá tamén pretenden promover algúns dos sectores destacados da economía local.
Así, no último decenio e dentro dunha estratexia de promoción exterior, a Cámara organizou 14 misións comerciais inversas que fixemos coincidir cos salóns celebrados no noso recinto feiral, apoiando sectores como o termalismo, a viticultura ou, como no caso que nos ocupa, o sector funerario.
Mentres e dende principios de ano, a Cámara de Comercio de Ourense colaborou na organización de preto de corenta accións de internacionalización lideradas por outras Cámaras galegas e incluídas no Plan Foexga 2014, coa presenza dunha vintena de empresas da provincia.
|
|
|
|
|
|
|