Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir » Plan de apoio ao sector comercial galego 2014


A Cámara de Comercio de Ourense, a través dun convenio asinado coa Consellería de Economía e Industria e as Cámaras de Comercio de Galicia, executará o Plan de Apoio ao Sector Comercial Galego, do que se poderán beneficiar todos os establecementos comerciais da provincia, sen custo ningún para os seus propietarios.

O plan, financiado pola Consellería de Economía e Industria, inclúe cinco programas que pretenden mellorar a competitividade dos negocios, promover a creación de novo tecido comercial, favorecer a modernización, fomentar o uso das novas tecnoloxías nos sistemas de xestión e apoiar o relevo comercial.

O primeiro dos programas está destinado aos emprendedores, cun servizo de asesoramento e xeomercadotecnia. A Cámara de Ourense ofrecerá toda a información necesaria para poñer en marcha un negocio (trámites, axudas, lexislación, fórmulas comerciales) e realizará un informe de xeomercadotecnia para coñecer a área de influencia onde se localizará o negocio. Tamén apoiará a constitución da peme a través do seu Punto de Atención ao Emprendedor (PAE), onde se lle tramitará toda a documentación de forma telemática.

O relevo comercial é o segundo dos programas, co que se apoiará as pemes comerciais para que continúen coa súa actividade se os seus propietarios ou arrendatarios decidan finalizala. Para iso, a Cámara realizará un estudo de viabilidade comercial e, unha vez concretada a transmisión, se tutorizará a realización do contrato e o resto de trámites necesarios.

O plan tamén presta atención ao comercio electrónico e redes sociais, coa organización de talleres formativos dirixidos tanto a comerciantes coma a emprendedores para que as pemes comerciais aproveiten as oportunidades que lles brindan as novas tecnoloxías e sistemas de comunicación.

Co fin de apoiar a consolidación e crecemento dos negocios, así como a adaptación aos novos hábitos de consumo, a Cámara tamén ofrece aos comercios diagnósticos de situación, un informe de recomendacións para a mellora do punto de venda e o seguimento da implantación destas medidas.

Por último, a Cámara de Comercio de Ourense desenvolverá un estudo de situación das prazas de abastos, analizando as súas debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades, cun informe do estado estrutural do mercado, o seu perfil comercial e identificando as accións de dinamización que se poden realizar en cada caso.



Programas y servicios
eAdministración
InnoCamaras
Plan TIC
Destino Alemania
Antenas Locais
Europe Direct

Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088
Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.