Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir » Clausura do programa de creación e consolidación agrogandeiro


O centro cultural Marcos Valcárcel foi escenario hoxe do acto de clausura e entrega de diplomas aos participantes no programa de creación e consolidación de empresas especializado en xestión agrícola, gandeira e forestal.

Unha iniciativa da Cámara de Comercio de Ourense, o Inorde e a Fundación Incyde, co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, impartido dende a primavera pasada a máis dunha vintena de emprendedores e empresarios da provincia nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia.

No acto de clausura, no que se presentaron dous dos proxectos desenvolvidos neste programa, estiveron presentes o presidente do Inorde, José Manuel Baltar, o presidente en funcións da Cámara de Comercio de Ourense, Juan Carlos Parada, e o director xeral da Fundación Incyde, Javier Collado.

O programa de xestión agrogandeira e forestal, pioneiro en España, foi o primeiro dos dous programas de creación e consolidación de empresas que Cámara Ourense, Inorde e Fundación Incyde tiñan previsto impartir este ano.

De feito, o próximo día 29 de setembro comeza a segunda destas iniciativas, esta vez de carácter xenérico e á que xa se sumaron unha vintena de emprendedores e empresarios.



Programas y servicios
eAdministración
InnoCamaras
Plan TIC
Destino Alemania
Antenas Locais
Europe Direct

Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088
Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.