Xpande é un programa de asesoramento técnico personalizado prestado por técnicos-asesores especializados da Cámara de Comercio de Ourense.
Xpande vai dirixido a pequenas e medianas empresas ourensás con produto ou servizo propio interesadas en desenvolverse en mercados internacionais.
O asesoramento técnico consta de catro fases:
- Diagnóstico e eleccións iniciais: produtos, clientes e mercados.
- Plan de acceso a mercados.
- Plan de Mercadotecnia.
- Plan de Negocio e Plan Económico-Financeiro.
A empresa recibe asesoramento personalizado de 80 horas que se presta seguindo unha metodoloxía moderna e sustentada en técnicas de Intelixencia Competitiva (utilización da información de interese para que a empresa tome decisións axeitadas durante o seu proceso de internacionalización).
É un programa SEN CUSTO para as empresas participantes, que conta coa colaboración do Consello Superior de Cámaras e está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e a Cámara de Comercio de Ourense.
 |
|
|
|
|
|
Video
|
|
|
|
|
|
Convocatoria
Convenio de participación
Solicitude de participación
|