A Cámara de Comercio de Ourense pon en marcha o Plan Integral de Apoio á Competitividade do Comercio Minorista 2015, que ten como fin axudar a un dos sectores máis afectados pola crise económica e a caída do consumo.
Totalmente gratuíto para os participantes, esta iniciativa está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e mailo Ministerio de Economía e Competitividade a través da Secretaría de Estado de Comercio.
A primeira das actividades previstas é un taller titulado Como atraer clientes ao meu negocio, que se celebrará o día 4 de xuño.
De forma simultánea comezarán a desenvolverse as outras dúas accións incluídas no plan:
Diagnósticos do punto de venda. Co apoio dun asesor e a través dun amplo cuestionario identificaranse as debilidades e potencialidades do comercio, realizando recomendacións concretas e propostas de actuación.
Plan titorial de comercio. Seguindo as recomendacións da fase anterior, o consultor orientará o traballo e os investimentos que será preciso facer nunha ou varias das áreas que sexan de interese para o empresario.
Se está vostede interesado en participar nalgunha das actividades previstas no Plan Integral de Apoio á Competitividade do Comercio Minorista 2015, contacte con .
|
|