Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir » Máis de 500 empresas da provincia poderán beneficiarse do novo programa de financiación a empresas da Cámara

Máis de 500 empresas da provincia poderán beneficiarse do programa Aprendeafinanciarte.com, unha nova plataforma dixital que ofrece a pemes, autónomos e emprendedores toda a información e ferramentas necesarias para a busca de financiamento, xa sexa pública ou privada, que máis se axuste ás súas necesidades. Arredor de medio centenar de empresas asistiron hoxe na Cámara de Comercio á xornada de presentación do proxecto, froito da colaboración entre as Cámaras de Comercio de Galicia, Cámara España e o cofinanciamento dos fondos europeos Feder.

Os responsables de Aprendeafinanciarte.com calculan que deste programa poderán beneficiarse ao redor de 530 empresas da provincia, coa posibilidade de ampliar o número de prazas en función da demanda. Así sinalouno Mar Pérez, directora do departamento económico e financeiro de Cámara España e responsable desta iniciativa, quen enmarcou este proxecto no conxunto dos fondos europeos que xestionarán as Cámaras de Comercio e que destinan para Galicia 34 millóns de euros.

Mar Pérez destacou ademais, que un dos aspectos máis ilusionantes, destacou, é a posibilidade que esta plataforma nos ofrece para axudar ás pequenas e medianas empresas, que son as que de verdade necesitan de asesoramento á hora de afrontar un plan de financiamento.

Aprendeafinanciarte.com ten como finalidade xerar cultura financeira entre as empresas, autónomos e emprendedores e, para iso, deseñáronse unha serie de ferramentas incluídas nunha plataforma dixital que permiten distinguir cal é a fonte de financiamento á que se debe acudir, xa sexa capital propio, produtos bancarios, negocio angel, capital risco ou crowlending.

Tono Mestre, director da área económica do programa, subliñou que unha das conclusións que extraeron destas primeiras semanas de actividade -en Andalucía xa son 18.000 as empresas rexistradas tras a súa posta en marcha- é a profesionalización na presentación das solicitudes de financiamento.

As entidades crediticias, explicou, constitúen a principal fonte de financiamento para as empresas en España -arredor do 80% das peticións- e ao contrario do que acontecía nos anos de bonanza económica os bancos esixen hoxe bos proxectos e ben presentados.

Aprendeafinanciarte.com nace, neste sentido, como un programa básico para profesionalizar a presentación de solicitudes de financiamento, axudando ás empresas a elaborar un dosier bancario axeitado, preparar as reunións cos bancos ou as cuestións máis importantes a ter en conta á hora de formalizar a petición, entre outros aspectos.


Programas y servicios
eAdministración
InnoCamaras
Plan TIC
Destino Alemania
Antenas Locais
Europe Direct

Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088
Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.