Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir » Cámara Ourense presentará o mércores o novo programa aprendeafinanciarte.com

A Cámara de Comercio de Ourense acollerá o mércores, 1 de xullo, a xornada de presentación dun novo programa, aprendeafinanciarte.com, que nace co único obxectivo de facilitar o financiamento a pemes e autónomos da provincia. Esta iniciativa, totalmente gratuíta, combina o asesoramento personalizado cunha plataforma dixital que achega a información e as ferramentas necesarias para buscar financiamento público ou privado, que máis se axuste ás necesidades da empresa, o autónomo ou o emprendedor.

A xornada de presentación, en sesión de mañá e que contará coa presenza de responsables do programa a nivel nacional, terá un protagonista especial na figura de Luis Galindo, recoñecido experto en equipos e recursos humanos que ofrecerá unha conferencia titulada "Reilusionarse. A ilusión marca a diferenza".

Tamén haberá espazo para o debate. "Moita liquidez e pouco financiamento: por que non chega o diñeiro ás pemes? " é o título dunha mesa redonda na que participarán representantes do financiamento público, como o Igape e Sogarpo, financiamento privado como Abanca, Banco Sabadell e Banco Pastor, e outras fórmulas en ascenso como o Crowlending, préstamos entre particulares e empresas a cambio dun interese ou unha participación dentro da empresa que pide o financiamento.

Toda a oferta de financiamento nun mesmo espazo
Nun mesmo espazo, aprendeafinanciarte.com integra toda a oferta de financiamento existente en España para a empresa, xa sexa pública, a través de préstamos, subvencións, axudas ou incentivos fiscais; privada, mediante produtos bancarios, capital risco e redes de investidores privados (negocio angels); ou novos mecanismos emerxentes como o crowdfunding, crowdlending e axudas ao Mercado Alternativo Bancario (MAB).

A plataforma, cofinanciada pola Unión Europea a través dos fondos Feder, pon tamén a disposición dos interesados cinco ferramentas para un diagnóstico económico-financeiro do negocio; unha avaliación xenérica de riscos e unha cualificación do crédito bancario; a obtención, en só tres minutos, dun informe individual con todas as oportunidades de financiamento; un listado cos mellores produtos bancarios que máis se axustan ás necesidades do usuario; e un conxunto de guías, redactadas nunha linguaxe clara e directa, coas que afondar nos aspectos máis relevantes da xestión financeira.

Esta plataforma xorde en resposta á escasa cultura financeira e de vías alternativas existente en España, pois o 80% do crédito ás empresas provén da banca, mentres que o 20% restante chega a través da bolsa ou de financeiras privadas non controladas polos grandes grupos bancarios. En contraste co que pasa noutros países, só unha porcentaxe moi reducida de empresas (1,3%) recorre a outros instrumentos alternativos de financiamento alleo.


Programas y servicios
eAdministración
InnoCamaras
Plan TIC
Destino Alemania
Antenas Locais
Europe Direct

Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088
Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.