Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir » Europe Direct Cámara Ourense. Estudo dos fondos europeos en Ourense 2007-2013

Un total de 741 empresas ourensás financiaron durante o período 2007-2013 os seus plans de competitividade grazas ás axudas do Fondo Europeo para o Desenvolvemento Rexional (FEDER) e o Fondo Social Europeo (FSE). E iso a pesar das dificultades para prefinanciar os devanditos plans, coincidindo ademais coa etapa máis dura da crise que reduciu o consumo e o interese por desenvolver novos proxectos.

Esta é unha das conclusións da segunda parte do estudo elaborado polo servizo Europe Direct Cámara Ourense sobre
o impacto dos fondos europeos destinados á provincia e que inclúe xa o peche do exercicio 2013.
Nestes sete anos, Europa concedeu 420 millóns de euros en axudas, das que se beneficiaron preto de 900 empresas e entidades públicas.

Fondos Feder
Os plans de competitividade para as pemes son un dos obxectivos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, que financiou con 42,6 millóns de euros os proxectos presentados por 707 empresas, plans relacionados coa innovación e investigación, ademais dos ámbitos tecnolóxico e da comunicación, así como tamén a busca de novos mercados no exterior. En liñas xerais, as axudas non superaron os 100.000 euros de media.

No conxunto das iniciativas privada e pública, a cantidade concedida polo FEDER no período 2007-2014 foi de 418 millóns de euros, o que equivale ao 6,9 % do PIB a prezo de mercado da provincia de Ourense, que segundo o último dato publicado (INE 2010) era de 6.000 millóns de euros. Os beneficiarios foron 800 empresas e entidades públicas e permitiron financiar ao redor de 1.500 proxectos.

Entre outras conclusións do estudo sobre os fondos FEDER podemos destacar:

- A distribución das empresas beneficiarias está relacionada directamente cos núcleos de maior concentración económica como os parques empresariais de San Cibrao das Viñas e Pereiro de Aguiar, o municipio de Ourense o unas cabeceiras de bisbarra.
- A crise tivo a súa incidencia na demanda de investimento privado, que reduciu o seu interese en novos proxectos ante a caída do consumo. Esto produciu un cambio no perfil dos beneficiarios, pasando o maior número de axudas do sector privado ao público a partir do 2012.
- O groso dos investimentos públicos centrouse en infraestruturas, como é o caso de autovías ou liñas de alta velocidade de conexión coa Coruña ou coa meseta.
- A meirande parte dos municipios da provincia foron beneficiarios de fondos FEDER.

Fondo Social Europeo
O estudo elaborado polo servizo Europe Direct Cámara Ourense tamén abrangue nesta ocasión as axudas concedidas a través do Fondo Social Europeo, cuxo obxectivo é facilitar o acceso ao mercado laboral dos colectivos máis desfavorecidos. Foron 1,5 millóns de euros nos últimos sete anos.

En total foron 34 as empresas da provincia que obtiveron financiamento a través do FSE por un importe próximo aos 513.000 euros, destinados fundamentalmente ao fomento da contratación.

O resto de beneficiarios en Ourense, ata alcanzar o total de 91, recibiron ao redor de 987.000 euros e correspóndense sobre todo con proxectos de entidades públicas para a integración social e laboral.

De novo, a maior parte dos investimentos concentráronse en Ourense e municipios limítrofes, pois se trata da zona xeográfica que aglutina a maior cantidade de poboación e de tecido empresarial do territorio ourensano.

Europe Direct Cámara Ourense
Dende hai dous anos, a Cámara de Comercio de Ourense é membro da rede Europe Direct, un servizo cuxa principal finalidade é ofrecer información xeral e especializada, doadamente accesible e actualizada sobre as institucións, políticas e programas europeos, asesoramento, acceso a documentos e publicacións das institucións europeas, sen esquecer dereitos e oportunidades dos cidadáns da UE.



Programas y servicios
eAdministración
InnoCamaras
Plan TIC
Destino Alemania
Antenas Locais
Europe Direct

Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088
Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.