|
 |
 |
|
» Acordo de colaboración entre a Cámara de Comercio e Club Ourense Baloncesto |
O presidente da Cámara de Comercio de Ourense, Juan Carlos Parada Rúa, e o presidente do Club Ourense Baloncesto, Antonio Gavilanes Limia, asinaron esta mañá un convenio de colaboración polo que a entidade cameral se compromete a solicitar entre as empresas o apoio ao COB e, en particular, para que o club poida desenvolver as súas actividades tanto deportivas coma formativas nas súas categorías inferiores.
A firma do acordo, que se realizou na sede cameral, vén a ratificar o compromiso adquirido fai xa anos pola Cámara de Comercio de Ourense co deporte ourensán. Nesta ocasión con Club Ourense Baloncesto, do cal a Cámara é accionista.
A intención de Cámara Ourense con este convenio é conseguir o apoio das empresas da provincia ao club, en concreto entre as empresas adheridas á Corporación.
Durante o acto de firma, Juan Carlos Parada subliñou a importancia do COB na historia deportiva local, así como o importante papel que xoga na promoción da provincia levando o nome de Ourense por todos aqueles lugares nos que xoga.
Pola súa banda, Antonio Gavilanes tamén aludiu ao papel de promoción que xoga o club e que tamén pode achegar ás empresas ourensás, ademais de agradecer a colaboración que dende un primeiro momento mostrou a Cámara de Comercio.
|
|
 |
|
|
 |
|