Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir » Perspectivas empresariais en Ourense 2015: os empresarios confían na mellora do ámbito económico


Por segundo ano consecutivo, os empresarios ourensáns manteñen que o ámbito económico seguirá mellorando. As expectativas positivas das empresas para 2015 seguen á alza, perspectivas avaladas pola previsión do aumento de vendas nos mercados nacionais e internacionais. As previsións sobre o emprego indican unha estabilización do mercado laboral, aínda que non se aprecia unha significativa xeración de emprego ao longo do ano, tal e como indican os datos de investimento pois os empresarios aínda seguen cautos á hora de emprender novos proxectos.

Estas son as principais conclusións do estudo Perspectivas Empresariais en Ourense 2015 , que elabora a Cámara de Comercio recollendo a opinión dos empresarios. Un estudo cuxos resultados forman parte do informe Perspectivas Empresariais de España e Europa das Cámaras de Comercio, a partir dunha macro-enquisa na que participan preto de 60.000 empresarios europeos.

Cifra de negocio
A metade dos empresarios de Ourense confía en manter en 2015 as súas vendas no mercado nacional, é dicir, un 6% menos que no ano anterior. Esta diferenza transvásase ao grupo de empresarios que espera aumentar as súas vendas este ano e que alcanza o 31% (en 2014 era do 25%).

A enquisa de 2014 indicaba que un 25% dos empresarios prevía unha mellora das vendas. Finalmente, esta porcentaxe aumenta ata o 35%. Mentres, o 39% afirma que as vendas foron peores en 2014.

Mercado internacional
Para este ano, un 39% dos empresarios enquisados afirma confiar en que aumentará as súas vendas nos mercados internacionais. Esta cifra sobe un 5% en relación ao ano anterior. Para o 48%, o ano en curso permitiralles manter as cifras do último ano, o que supón un aumento do 6% con respecto a 2014.

O 35% dos enquisados di ter incrementado en 2014 as súas vendas en mercados internacionais, o cal coincide coas previsións do informe. Tamén coincide a porcentaxe de empresas que esperaban manter as vendas ao exterior: o 42%.

Emprego
Para este ano, o 77% das empresas confía en manter o emprego actual, o que supón un aumento de cinco puntos sobre o ano anterior. Ao igual que en 2014, o 9% confía en aumentar o seu equipo de traballadores. A porcentaxe de empresas que prevén reducir emprego continua á baixo dende 2013. Agora é un 14%, catro puntos menos que na anterior enquisa.

Un 65% das empresas mantiveron o emprego, un 5% máis do establecido nas previsións. O 21% afirma que diminuíron o equipo, neste caso tres puntos máis do previsto. O dato positivo encontrámolo nas empresas que crearon emprego, o 14%, cinco puntos máis que a previsión.

Investimento
O 14% dos empresarios confía en aumentar o seu investimento en 2015, cifra inferior á prevista no ano anterior. Os empresarios que prevén reducir os seus investimentos alcanzan o 25%, un 7% menos que en 2014. É dicir, as empresas apostan maioritariamente por manter o emprego.

A enquisa determina que un 35% dos empresarios reduciron os seus investimentos en 2014. Un 3% máis das previsións. Un 19% das empresas afirma que aumentou o investimento, un punto menos do esperado.

Entorno xeral
O 38 % dos enquisados afirma que o entorno mellorará en 2015, é dicir, un 13 % máis que no ano anterior. Un 42 % manten que a situación económica seguirá igual y iso supón unha redución do 8 % con respecto á enquisa de 2014. Entre tanto, un 20 % considera que 2015 será peor que o actual, tres puntos menos.

En relación a 2014, o 26% das empresas enquisadas afirma que o ámbito económico foi mellor, cando a cifra prevista era do 25,49%. Para o 37% o ano foi igual, catorce puntos menos que as previsións. Outro 37% considera que o ámbito económico foi peor.

España e Europa
Os resultados da enquisa de perspectivas para a provincia de Ourense teñen certo reflexo nos datos nacionais, pois tamén se observa unha maior confianza na mellora do ámbito económico. Non obstante, os indicadores de emprego e investimento son máis moderados en Ourense que no conxunto do Estado.

No contexto europeo, as empresas tamén son maioritariamente optimistas no que se refire ao próximo ano. Prevén, sobre todo, unha mellora das vendas nos seus respectivos países e un avance das exportacións respecto aos resultados de 2014. Como no caso español e ao contrario en que Ourense, en 2015 as empresas europeas esperan un comportamento do investimento lixeiramente mellor que o rexistrado un ano antes.

 



Programas y servicios
eAdministración
InnoCamaras
Plan TIC
Destino Alemania
Antenas Locais
Europe Direct

Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088
Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.