Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir » Perspectivas empresariais 2015 en España e Europa: as exportacións e a mellora do consumo en 2015 impulsarán o emprego

As empresas españolas entraron nunha dinámica favorable e sitúanse entre as máis optimistas de Europa, especialmente en vendas interiores e exportacións. Como resultado destas previsións, as expectativas de emprego son tamén positivas, mentres que para o investimento, aínda que mellora respecto a 2014, o repunte é máis leve. Así se desprende do informe Perspectivas Empresariais en España e Europa 2015 (enlace ao estudo completo), que elaborou a Cámara de Comercio de España, e que se realiza a partir dunha macro-enquisa que recolle a opinión de máis de 60.000 empresas europeas, das cales 3.459 son españolas.

Segundo os datos da enquisa, as empresas españolas esperan que a actividade continúe recuperándose en 2015. Neste crecemento seguirán tendo un peso decisivo as exportacións, aínda que o consumo interno podería incrementar a súa achega ao PIB, tendo en conta o comportamento favorable que se espera das vendas interiores. Esta maior actividade, tanto interna coma externa, podería ter, segundo afirman as empresas enquisadas, un efecto positivo no mercado de traballo ao longo de 2015.

En canto aos resultados europeos, as empresas son maioritariamente optimistas no que se refire ao próximo ano. Prevén, sobre todo, unha mellora das vendas nos seus respectivos países e un avance das exportacións, respecto aos resultados de 2014. Como no caso español, en 2015,las empresas europeas esperan un comportamento do investimento lixeiramente mellor que o rexistrado un ano antes.
 

Vendas nacionais
Para 2015, as empresas europeas prevén, en xeral, unha mellora das vendas nos seus respectivos países respecto aos resultados de 2014. Portugal, Romanía e España son os tres países nos que as súas empresas presentan mellores expectativas, mentres que as máis pesimistas se encontran enGrecia, Austria e Hungría.

Exportacións
A maioría de empresas europeas prevén que a evolución das exportacións sexa positiva en 2015. Ademais, estas expectativas son mellores que os resultados rexistrados en 2014, ano no que as exportacións xa tiveron un comportamento destacado. España é o segundo país máis optimista sobre a evolución das súas vendas no exterior, por detrás de Portugal e moi por enriba da media europea. As empresas de Hungría e Austria son as que peores resultados esperan.

Emprego
As previsións sobre emprego das empresas europeas para 2015 son favorables, sobre todo entre as compañías de Portugal, Estonia e España. O emprego nas empresas españolas rexistrou un resultado positivo en 2014, e espérase que a situación sexa mesmo mellor en 2015. As empresas de Austria, Hungría e Italia son as máis pesimistas en canto á evolución desta variable en 2015 e prevén que se produza destrución de emprego.

Investimento
As expectativas de investimento para 2015 tamén son positivas e melloran en Europa respecto aos resultados alcanzados en 2014, sobre todo entre as empresas de Portugal, Eslovenia e Malta. En Austria e Hungría encóntranse as empresas máis pesimistas, cunhas expectativas peores para 2015 en comparación cos resultados de 2014, que xa foron negativos. En España, as expectativas de investimento melloran levemente en 2015, situándose por enriba da media europea.

A enquisa de "Perspectivas Empresariais" coordinada por EuroCámaras, consulta ás empresas europeas sobre a situación e expectativas dunha serie de variables de interese para os seus negocios. As Cámaras de Comercio españolas, coordinadas pola Cámara de España, son as que elaboran os resultados para España.


Programas y servicios
eAdministración
InnoCamaras
Plan TIC
Destino Alemania
Antenas Locais
Europe Direct

исполком Краматорск Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088 Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.