O gabinete do Programa de Apoio Empresarial ás Mulleres da Cámara de Comercio, Industria e Servizos de Ourense atendeu en 2016 a 220 mulleres, das cales un 77% son emprendedoras e creáronse 23 empresas.
O perfil de usuaria do programa é o dunha muller con estudios, hai que destacar que o 30% das mulleres asesoradas contan con estudios universitarios, seguidas do 27% que posúen formación en ciclos formativos de grao medio e superior, un 31% conta con estudios de bacharelato e só un 12% conta con estudios de nivel inferior aos anteriores, cunha idade de entre 25 e 54 anos e principalmente desempregadas cunha duración inferior ao ano.
Respecto ao perfil da empresa creada, principalmente é do sector servizos, seguido polo comercio e profesionais en porcentaxes moi similares.
En referencia á situación dos proxectos existentes, hai que mencionar, que dos 167 proxectos iniciados no período abranguido, 23 deles finalizaron con empresas abertas ao longo deste ano, hai 36 proxectos máis que están pendentes de licenzas e outros trámites e se prevé que se inicien durante o primeiro semestre de 2017, outros 65 proxectos están interrompidos ou suspendidos e os 43 restantes finalizaron sen empresa.
Durante o ano 2016 tramitáronse 6 solicitudes de microcréditos para proxectos de mulleres por un importe de 73.200 €, sendo concedidos pola entidade financeira o 67% destes, isto é posible mediante un convenio de colaboración con MICROBANK, onde os proxectos empresariais cualificados como viables poden acceder a financiamento en condicións vantaxosas, sen necesidade de avais.
Por outro lado, realizouse o seguimento das empresas creadas durante os últimos dous anos, ofrecendo o dato de que o 90% de las continúa en activo.
Desenvolvido en colaboración coa Cámara de España e co apoio financiero do Fondo Social Europeo e da Secretaría de Estado do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade ten como obxectivo sensibilizar as mulleres cara ao autoemprego, ademais de axudar e apoiar ás emprendedoras na súa iniciativa empresarial en calquera fase do proxecto, tanto no inicio coma na posta en marcha e consolidación.
Un programa pioneiro.
Estas cifras son o reflexo do compromiso das Cámaras en materia de emprendimiento feminino como vía para a recuperación económica.
O Programa de Apoio Empresarial ás Mulleres (PAEM) ten como obxectivo sensibilizar as mulleres cara ao autoemprego e a actividade empresarial e ser un instrumento eficaz para a creación e consolidación de empresas lideradas por elas e converteuse nun instrumento eficaz para a creación e consolidación de empresas.
A Cámara de Comercio de Ourense, consciente da importancia que ten conseguir sensibilizar ás mulleres e ao seu ámbito cara ao autoemprego e a actividade empresarial, decidiu poñer en marcha no ano 2000 o Programa de Apoio Empresarial ás Mulleres (PAEM) co apoio financeiro do Fondo Social Europeo e do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a Cámara de Comercio. Está deseñado para apoiar as iniciativas de mulleres en calquera fase do seu proxecto, tanto no inicio da idea coma na súa posta en marcha e consolidación.
Grazas ao labor que se levou a cabo neste sentido, son máis de 1.085 as usuarias do programa dende os seus inicios e máis de 200 as empresas creadas, cada vez son máis as mulleres que deciden traballar por conta propia e mesmo vai en aumento o número de mulleres pioneiras en ámbitos profesionais tradicionalmente masculinizados.