Un total de 49 empresas presentaron a súa candidatura ao Pleno da Cámara

Imprimir oficinaelectoral - 06-Marzo-2010 - 13:32:55  


Unha vez concluído o prazo oficial, ás 24.00 horas do venres 5 de marzo, un total de 49 empresas presentaron a súa candidatura para cubrir as 26 vocalías do Pleno da Cámara de Comercio de Ourense, dentro do proceso electoral convocado pola Dirección Xeral de Comercio a través dunha resolución do 12 de febreiro. Na táboa que se achega se amosa a distribución das candidaturas por grupo e categoría.

 Constituída a Xunta Electoral na Cámara de Comercio

Imprimir oficinaelectoral - 22-Febreiro-2010 - 19:10:29  


Hoxe luns, 22 de febreiro de 2010, quedou constituída na Cámara de Comercio de Ourense a Xunta Electoral encargada de garantir o correcto desenvolvemento do proceso electoral.

A Xunta está composta por 5 membros, dos que 3 son representantes do electorado e os dous restantes da administración tutelante, neste caso a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

 

 Sorteo para a elección dos representantes do electorado

Imprimir oficinaelectoral - 15-Febreiro-2010 - 15:33:48  

Aos efectos do cumprimento do disposto no artigo 18 do Regulamento de Réxime Electoral das Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación de Galicia, aprobado polo Decreto 431/2009, de 19 de novembro, o xoves día 18 de febrero celebrarase o sorteo para a elección da representación do electorado da Cámara Oficial de Ourense na Xunta Electoral correspondente a esta provincia.

O citado acto público realizarase na sede da Cámara Oficial de Ourense ás 10.00 horas.
 

 Convocadas as eleccións para o 22 de abril

Imprimir oficinaelectoral - 15-Febreiro-2010 - 15:07:26  

A Dirección Xeral de Comercio publica hoxe (luns, 15 de febreiro) no Diario Oficial de Galicia unha resolución pola que se convocan para o próximo día 22 de abril as eleccións para a renovación dos plenos das Cámaras de Comercio de Galicia. Na provincia de Ourense están chamados ás urnas un total de 27.616 electores, que na devandita data poderán exercer o seu dereito ao voto para elixir os 26 vogais do pleno.

 O Pleno aproba unha proposta de representantes dos electores para a Xunta Electoral

Imprimir oficinaelectoral - 11-Febreiro-2010 - 18:01:45  


Os vogais do pleno da Cámara de Comercio, reunidos en sesión extraordinaria, aprobaron hoxe unha proposta de representantes dos electores para a constitución da Xunta Electoral que deberá garantir o correcto desenvolvemento do proceso electoral da Cámara.
Política Lingüística
© 2009 Cámara de Comercio e Industria de Ourense
Español   Galego