Noticias
A Dirección Xeral de Comercio publica hoxe (luns, 15 de febreiro) no Diario Oficial de Galicia unha resolución pola que se convocan para o próximo día 22 de abril as eleccións para a renovación dos plenos das Cámaras de Comercio de Galicia. Na provincia de Ourense están chamados ás urnas un total de 27.616 electores, que na devandita data poderán exercer o seu dereito ao voto para elixir os 26 vogais do pleno.
A partir do mércores día 17 e durante quince días permanecerá aberto o prazo para a presentación de candidaturas. Tamén dende o mércores, pero cun prazo de 20 días, os electores que non poidan acudir aos seus respectivos colexios electorais terán a oportunidade de votar por correo.
Unha das novidades deste proceso radica na posibilidade de solicitar a tarxeta censal para as persoas xurídicas, que poderá ser utilizada á hora de exercer o voto ou no resto de trámites de acreditación do proceso electoral.
Con motivo desta convocatoria, a Cámara de Comercio pon en marcha nesta páxina unha oficina electoral virtual onde os interesados poderán atopar unha detallada explicación sobre o proceso, un calendario con todos os prazos, os colexios electorais coa dirección e as súas correspondentes demarcacións, así como os modelos normalizados para a presentación e apoio de candidaturas, solicitude de voto por correo ou petición de tarxeta censal.
[Anuncio da Convocatoria]

Proclamación de candidato...
29-09-2010
29-09-2010
Publicación no DOG do anu...
02-09-2010
02-09-2010
Celso Barbosa, novo presi...
17-06-2010
17-06-2010
Constitución do pleno da ...
16-06-2010
16-06-2010
Proclamación de candidato...
28-05-2010
28-05-2010