O Programa de Apoio Empresarial ás Mulleres (PAEM) está promovido polo Instituto da Muller, Consello Superior de Cámaras de Comercio e a Cámara de Comercio de Ourense. Ten como obxectivo sensibilizar ás mulleres e o seu entorno cara o autoemprego e a actividade empresarial e pretende ser un instrumento eficaz para a creación e consolidación de empresas lideradas por mulleres. Este Programa conta co apoio financeiro do Fondo Social Europeo.
É un programa dirixido a mulleres...
Con inquedanza emprendedora. Cunha idea ou proxecto de negocio. Cun plan de modernización ou ampliación. E deseñado para apoiar as iniciativas de mulleres con inquedanza emprendedora, en
calquera fase do seu proxecto, tanto no inicio da idea empresarial como na súa posta
en marcha e consolidación.
¿Que proporciona?
Información xeral de carácter socio-económico sobre...
Oportunidades de autoemprego. Lexislación laboral.
Trámites administrativos.
Redes empresariais.
Publicacións especializadas.
Enderezos de interese.
Asesoramento e orientación empresarial.
Asesoramento sobre autoemprego e xestión empresarial. Plans de viabilidade. Comercio interior e exterior.
Estudo de mercado: interno e externo.
Asesoría xurídica, fiscal e financeira.
Novos xacementos de emprego. Novas tecnoloxías aplicadas á xestión empresarial.
Instrumentos financeiros.
Ademais, o programa conta cun servizo de información e asesoramento "on-line", ao que se accede a través de e-empresarias, capaz de responder axiña a numerosas cuestións derivadas da xestión empresarial e que ofrece a posibilidade de participar nun foro de cooperación e intercambio, informa sobre xornadas, feiras, actividades formativas e incluso facilita un autodiagnóstico básico para avaliar a viabilidade dunha idea empresarial.
Se desexa obter máis información pode consultar o noso folleto ou realizar unha consulta no enderezo
|