|
» Arbitraje Mercantil |
A Cámara de Comercio e Industria de Ourense forma parte da Asociación Galega de Arbitraxe, constituída no ano 1993 para a administración dos procedementos arbitrais de dereito e/ou de equidade que se susciten.
¿Que é a arbitraxe?
É un procedemento rápido, eficaz e económico para solventar as controversias que podan xurdir dunha relación xurídica calquera, sempre que sexa sobre unha materia de libre disposición para as partes.
Lei de Arbitraxe
Consecuencias da arbitraxe e eficacia do laudo arbitral
Dende o momento en que unha das partes invoque o convenio arbitral asinado queda pechada a vía xudicial para a resolución da controversia, é dicir, abonda con que unha das partes decida resolver a cuestión mediante a arbitraxe para que ámbalas dúas queden sometidas á mesma e non podan acudir aos tribunais ordinarios.
Unha vez rematado o procedemento arbitral, o laudo que se dicte terá a mesma eficacia e validez que unha sentencia xudicial, quedando as partes obrigadas a cumprir dito laudo. Transcorrido o prazo sinalado legalmente sen que o laudo fose cumprido, poderase obter a súa execución forzosa diante do xuíz de 1ª Instancia do lugar no que se dictou.
Cláusula arbitral. ¿Como se pode acceder á arbitraxe?
Compre incluír no contrato ou documento un convenio ou cláusula arbitral asinada polas partes. Non obstante abonda a existencia dun documento escrito que recolla o convenio arbitral.
¿Como debe redactarse a cláusula arbitral?
O convenio ou cláusula arbitral deberá formalizarse por escrito e expresar a vontade inequívoca das partes de someter a solución dos litixios á decisión dun ou máis árbitros, así como expresar a obriga de cumprir tal decisión (laudo arbitral). Ademais, designarase expresamente a institución (Asociación Galega de Arbitraxe) onde conveñan que se celebre o procedemento.
Se desexa realizar unha consulta sobre calquera aspecto da Arbitraxe so ten que cubrir e enviar o seguinte formulario.
|
|
|
|