|
|
 |
 | » ABERTA CONVOCATORIA PARA UNHA MISIÓN DE ESTUDIO SOBRE ENOTURISMO AO VAL DO NAPA (CALIFORNIA) |
A Cámara Oficial de Comercio e Industria de Ourense, dentro do Plan Foexga 2010, organiza unha Misión Estudio de Enoturismo ao Val do Napa (California-EE.UU.), que terá lugar entre os días 25 ao 29 de Outubro de 2010. As empresas participantes terán a oportunidade de coñecer de primeira man a importancia do enoturismo e as rutas de viño no Val do Napa, experiencias que serán de proveito para impulsar esta actividade na nosa comunidad. Para a organización das visitas contaremos coa colaboración dunha consultora especializada no sector, os representantes da cal, xunto cos técnicos da Cámara, acompañarán ás empresas durante o desenvolvemento da misión.
Se desexa máis información, prema aquí
|
|
|
|
 |
|