|
|
 |
 |
 | » UN TOTAL DE 49 EMPRESAS PRESENTARON A SÚA CANDIDATURA AO PLENO DA CÁMARA |
Unha vez concluído o prazo oficial, ás 24.00 horas do venres 5 de marzo, un total de 49 empresas presentaron a súa candidatura para cubrir as 26 vocalías do Pleno da Cámara de Comercio de Ourense, dentro do proceso electoral convocado pola Dirección Xeral de Comercio a través dunha resolución do 12 de febreiro. Na táboa que se achega se amosa a distribución das candidaturas por grupo e categoría.
A partir deste momento, e trala correspondente exposición pública, a Xunta Electoral comezará a examinar as candidaturas para comprobar se cumpren cos requisitos esixidos e resolver as alegacións que puideran presentarse. Finalmente procederá á proclamación definitiva das persoas que poderán concurrir ao proceso de votación, sinalado para o próximo 22 de abril.
O seguinte trámite que agotará o seu prazo será o da solicitude do voto por correo, o último día do cal será o 11 de marzo.
[Táboa de candidaturas provisionais, por grupos e categorías]
|
|
 |
|
|
 |
|