|
|
|
|
» Un taller práctico ensinará ás pemes a elaborar o seu primeiro plan de exportación |
A Cámara de Comercio de Ourense acollerá o mércores, 3 de xuño, un taller práctico para pemes queiran dar os seus primeiros pasos en comercio exterior, de modo que os asistentes aprenderán a definir unha estratexia xeral de exportación, decidir o país de destino e seleccionar o método de entrada.
O taller non pretende transmitir coñecementos teóricos ou académicos, senón que está deseñado como un exercicio práctico e real de elaboración dun plan de exportación. Así, empresarios, xerentes e responsables de departamentos de internacionalización, aos cales vai dirixida esta iniciativa, poderán traballar sobre o seu propio proxecto baixo o asesoramento do relator.
Os participantes tamén serán informados das axudas e programas que ofrece o Igape ás empresas para exportar. Ademais, terán a oportunidade de asistir ás próximas sesións do programa, totalmente gratuíto, e que inclúe asesoramento, titoría e formación.
Esta iniciativa englóbase no programa de primeira exportación impulsado pola Fundación Gas Natural Fenosa e no que colaboran a Cámara de Comercio de Ourense e Igape, ademais do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia e o Clúster de Tecnologías de la Información e as Comunicacións de Galicia.
|
|
|
|
|
|
|