Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir » IMPORTADORES DE VIÑO DE DEZ PAÍSES PARTICIPAN NUNHA MISIÓN COMERCIAL DA CÁMARA


Unha vintena de importadores e distribuidores de viño dunha decena de países participarán dende o luns no encontro empresarial organizado pola Cámara de Comercio de Ourense, dentro das súas accións de internacionalización. Esta misión inversa coincide no tempo coa feira Vinis Terrae, na que os importadores manterán unha ampla axenda de contactos.

Os países de procedencia da delegación estranxeira son Bélxica, Reino Unido, Dinamarca, Suecia, Irlanda, Polonia, Estados Unidos, México, Canadá e Holanda. A axenda de traballo dos importadores e distribuidores comezará a primeira hora da mañá do luns, cando se celebrará unha recepción oficial na Cámara de Comercio. Despois está previsto que cada un deles manteña unha media de oito entrevistas cos expositores presentes en Vinis Terrae, onde a Cámara de Comercio conta cun espazo propio para as reunións de negocios.

Ademais, os profesionais estranxeiros tamén terán a oportunidade de visitar as denominacións de orixe do Ribeiro e Monterrei, para cuxas visitas se contou coa colaboración de ambos os dous consellos reguladores.

Esta é a quinta misión comercial inversa que organiza a Cámara de Comercio en apoio da feira Vinis Terrae, facilitando así a presenza de máis de setenta importadores procedentes de Bélxica, Luxemburgo, Suíza, Xapón, Singapore, Malaisia, Hong Kong e, agora, os xa citados para este encontro empresarial.



Programas y servicios
eAdministración
InnoCamaras
Plan TIC
Destino Alemania
Antenas Locais
Europe Direct

Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088
Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.